Thursday 02 de May de 2024

Alternativa dos Veciños informa mañá á veciñanza de Guísamo


Alternativa dos Veciños compartirá con veciños e comerciantes de Guísamo a súa proposta de futuro para Guísamo.

Co lema “Guísamo ten futuro. Hai alternativa para a N6” Alternativa dos Veciños convoca a toda a veciñanza de Guisamo ao acto de presentación das nosas propostas para o entorno da N6, ao seu paso pola parroquia. O acto terá lugar mañá xoves día 15 ás 19:30 no centro sociocultural María Miramontes (a carón do pavillón polideportivo).

Co voceiro municipal á cabeza, Juan Fariña, Alternativa quere facer chegar e detallar á veciñanza e ao comercio de Guísamo unha proposta de rexeneración total do centro de Guisamo, que vai moito máis aló dos “parches” malos que veñen sendo tónica habitual das últimas décadas. Guísamo necesita arranxos, solucións e estratexias integrais e de nivel. E en Alternativa dos Veciños estamos convencidos de que a fórmula para conseguilo xa existe en gran parte. So e preciso ter ambición, traballar a reo e abandonar o conformismo acomodaticio, conservador e cutre doutr@s.

Por outra parte, non queremos deixar de aproveitar a ocasión para manifestar a nosa preocupación co proxecto de reforma da N6 que Fomento manifesta ter para Cortiñán. Moito nos tememos que dixo proxecto está a durmir o sono dos xustos, nas profundidades dalgún caixón ministerial.